Regulamento MINIBAY
O Club de Corredores Vig-Bay organiza a III MINIBAY (Da Media a Metade) o domingo día 14 de abril do 2024.
A III MINIBAY é unha carreira cun percorrido urbano e interurbano de 10.548,75 metros, poderán participar todas as persoas que o desexen, que cumpran 16 anos o ano da proba.
Cada corredor ou corredora participa baixo a súa enteira responsabilidade, afirma posuír un nivel de condición física suficiente para afrontar a proba e comprométese a aceptar estrictamente este regulamento. É obrigatorio encher a parte posterior do dorsal dos datos solicitados nel: nome, apelidos, teléfono en caso de emerxencia, se ten algún problema médico (alerxia, atencións especiais, etc.), ou está baixo algún tratamento específico.
Organización e empresas colaboradoras non se responsabilizan de calquera lesión ou padecemento por imprudencia, neglixencia ou falta de forma física do participante.
INSCRICIÓN
Como inscribirse: por Internet pola páxina web do evento www.vig-bay.com, en www.championchipnorte.com ou nas oficinas do Club de Corredores na Avd. Beiramar, 27-1º de Vigo, dende o 20 de novembro de 2023 ata o 27 de marzo de 2024.
O importe da inscrición será de:
Do 20 de noviembre ata o 31 de diciembre de 2023 (11 euros)
Do 1 de enero ata o 31 de enero de 2024 (15 euros)
Do 1 de febrero ata o 18 de marzo de 2024 (18 euros)
Do 19 de marzo ata o 27 de marzo de 2024 (25 euros)
O cambio de modalidade só poderá realizarse ata o 18 de marzo. O chip será desbotable e non terá que ser devolto ao remate da proba.
Dorsal Solidario, a prol do Centro Juan María, centro de educación especial en Nigrán. A inscripción deste dorsal terá un custo a maiores de 10 €. O prezo a maiores da inscrición normal irá destinado, na súa totalidade, a esta asociación. A imaxe do dorsal solidario será distinta do resto e terá un lugar preferente na área de saída da carreira.
O importe da inscrición farase mediante un dos seguintes métodos:
- Mediante a pasarela de pagamento (todo o procedemento conta cun sistema de seguridade de protección de datos cifrado, o que asegura o procedemento).
- Mediante transferencia bancaria. Os/As atletas que elixan pagar a través desta opción poderán acudir a calquera sucursal de Abanca, ou do seu banco máis cercano e facer unha transferencia á conta do Club de Corredores Vig-Bay con Nº: ES90 2080 5058 91 3040021210.
- Os corredores e corredoras teñen tamén a opción de pasar polas nosas oficinas na Avenida de Beiramar, 27 -1º e facer a inscrición e o pagamento en persoa.
A inscrición é persoal e intransferible, e supón a aceptación do presente regulamento.
Só se accederá á devolución do 50% pagado na inscrición no caso de lesión ou enfermidade, cando se presente un certificado médico ao Club de Corredores Vig-Bay (Avd. Beiramar, 27 -1º, 36202 Vigo), antes do 18 de marzo de 2024, sendo efectuada a devolución sempre unha vez celebrada a carreira.
Cambio de titularidade da inscrición: se por calquera motivo non vas poder correr na carreira, a partir do 31 de xaneiro e ata o 18 de marzo podes cederlle o teu dorsal a outra persoa. O cambio de titularidade debe facelo o comprador ou compradora da inscrición.
A partir do 19 de marzo NON se poderá facer ningunha modificación nos datos da bolsa do corredor ou corredora (cor de dorsal, tamaño da camiseta, e autobús) xa que comeza a preparación da mesma.
CATEGORÍAS
Haberá unha clasificación xeral, entregaranse medallas aos 3 primeiros e 3 primeiras da clasificación xeral absoluta e aos 3 primeiros e primeiras de tódalas categorías.
- SUB 18: 16 e 17 anos
- JUNIOR: 18 e 19 anos
- PROMESAS: entre 20 e 22 anos
- SENIOR: entre 23 e 34 anos
- M35 / W35: entre 35 e 39 anos
- M40 / W40: entre 40 e 44 anos
- M45 / W45: entre 45 e 49 anos
- M50 / W50: entre 50 e 54 anos
- M55 / W55: entre 55 e 59 anos
- M60 / W60: entre 60 e 64 anos
- M65 / W65: entre 65 e 69 anos
- M70 / W70: entre 70 e 74 anos
- M75 / W75: entre 75 e 79 anos
- M80 / W80: máis de 80 anos
Nas categorías será necesario que haxa, como mínimo, 3 clasificados do mesmo sexo para optar por premios da mesma; as/os atletas das categorías non constituídas serán asignados á categoría inmediatamente superior en idade á que lle corresponda.
CATEGORÍAS DE DIVERSIDADE FUNCIONAIS
Establécense as seguintes catro categorías en homes e mulleres para deportistas con discapacidade:
Atletas en cadeira de rodas:
- Atletas en cadeiras de rodas e handbikes: que non teñan mecanismos ou engrenaxes que axuden a impulsalas. Só se permite o impulso cos brazos no anel unidos á roda.
Corredores e corredoras a pé:
- Persoa con discapacidade funcional (persoas con discapacidade física, parálise cerebral e dano cerebral)
- Persoa con discapacidade sensorial (auditiva ou visual)
- Persoa con discapacidade intelectual
Os atletas en cadeiras de rodas, handbike o similar non poderán sobrepasar ningún caso ao coche da Policía Local que fai a apertura da carreira. No caso de facelo, quedarán descalificados da proba. De facer caso omiso e circulasen por diante do coche da Policía Local o farán baixo a súa responsabilidade, quedando excluídos das pólizas dos seguros que fan a cobertura da proba.
Os únicos datos ca organización terá en conta á hora de facelas clasificacións das distintas categorías serán os aportados polo propio corredor e corredora na súa ficha de inscrición.
As premiadas e premiados que non se eleven a podio perderán o dereito a reclamalo con posterioridade.
As corredoras e corredores descalificados non terán opción aos premios ou medallas.
RECOLLIDA DE DORSAIS
Os dorsais recolleranse no «Museo VERBUM- Casa das Palabras», situado na avenida de Samil,17, en Vigo, o día 12 (venres) de abril de 16:00 horas ata as 20:00 horas; o día 13 (sábado) de abril de 10.00 horas ata as 20:00 horas. O día 14 (domingo) na zona de saída de 09:00 horas ata as 10:00 horas (recoméndase ás persoas participantes que retiren o seu dorsal coa maior anticipación posible). Para recoller o dorsal será necesario presentar un documento oficial acreditativo.
Os dorsais e os chips son persoais e intrasferibles, debendo ir colocados correctamente.
A Organización resérvase a facultade de descualificar o corredor ou corredora que, verificada calquera irrugularidade: como non levar o dorsal, que manipule e/ou o ceda a outro/ outra, altere os datos facilitados á Organización con respecto ao que aparece no seu DNI ou ficha, non complete o recorrido, manifeste un mal estado físico, non facilite á Organización a documentación que lle sexa requerida, ou incumpra calquera outra norma contemplada neste regulamento.
Unha competidora ou competidor deberá retirarse da proba se así llo ordena unha persoa pertence aos servizos médicos, ou de seguridade da proba.
Non se admitirán corredoras ou corredores que non estean inscritos ou corran sen dorsal e chip, impedindo que teñan acceso á carreira en defensa dos dereitos estatutariamente inscritos.
CONTROL DE TEMPOS
A cronometraxe realizarase baixo o sistema CHAMPIONCHIP. Contamos tamén con puntos intermedios de cronometraxe. Do mesmo xeito, calquera corredor ou corredora que superase o tempo establecido da carreira de 1 horas e 30 minutos, límite de paso na meta, correrá baixo a súa responsabilidade.
HORAS E ZONA DE SAÍDA
CADEIRAS DE RODAS E HANDBIKE: 10:30 horas
CORREDORES E CORREDORAS A PÉ: 10:30 horas
A saída terá lugar en Nigrán.
Os únicos vehículos autorizados para seguir a proba serán os nomeados pola Organización. Por razóns de seguridade queda totalmente prohibido seguir os corredores e corredoras en bicicleta, moto ou calquera outro vehículo. A Policía, Garda Civil, e os xuíces ou xuízas da proba retiraranos do circuíto para evitar incidentes.
O peche do control será á hora e trinta minutos do comezo da proba.
GARDARROUPA
Os/As atletas poderán deixar a súa roupa na bolsa que lles proporcionará a Organización ao solicitar ese servizo cando realicen a inscrición. A entrega séra o día da carreira nas proximidades do aparcadorio de Praia América no horario de 09:30 a 10:15. Para a recollida en Baiona é indispensable presentar o dorsal. A organización non se fará responsable do deterioro de calquer obxecto sensible de dano.
TRANSPORTE
A Organización pon a disposicíón dos participantes autobuses unha vez rematada a carreira para todo aquel que o necesite teña a opción de voltar dende Baiona a Praia América (estes autobuses irán saíndo dende as 11:30 ata as 12:30). É importante solicitar este servizo cando realicen a inscrición.
APROVISIONAMENTO E ASISTENCIA
Os puntos de aprovisionamento líquido e os puntos de esponxas atópanse nos quilómetros intermedios.
Todas e todos os atletas que rematen a carreira terán na bolsa que se lles fai entrega na área de meta, ademais de aprovisionamento, a medalla conmemorativa. E poderán obter un diploma acreditativo coa marca persoal na páxina de championchipnorte.
As/Os atletas inscritos terán un seguro de accidentes que cubrirá as lesións producidas como consecuencia directa do desenvolvemento da carreira.
Hai puntos sanitarios fixos e móbiles durante o percorrido.
Todas e todos os participantes, polo feito de inscribirse, declaran coñecer e aceptar o presente Regulamento e a Declaración de Descargas de Responsabilidade e Protección de Datos. En caso de dúbidas prevalecerá o criterio da Organización.
DECLARACIÓN DE DESCARGAS DE RESPONSABILIDADES E PROTECCIÓN DE DATOS
Toda e todo participante inscrito declara o seguinte: “Estou en estado de saúde óptima para participar na MINIBAY. Durante o desenvolvemento da competición contribuirei no posible coa Organización. Tamén, eximo de toda responsabilidade á Organización, patrocinadores ou outras institucións participantes ante calquera accidente ou lesión que puidese sufrir antes, durante e/ou despois do evento deportivo, renunciando dende xa a calquera acción legal contra calquera destas entidades. Autorizo a que a Organización faga uso publicitario de fotos, videos e calquera outro tipo de material audiovisual no que poida aparecer, aceptando a publicación do meu nome na clasificación da proba, nos medios de comunicación, e/ou Internet, sen esperar pagamento, compensación ou retribución ningunha por este concepto”.
Conforme á L.O. 15/1999, informámoslle que os seus datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro, cuxo responsable é CLUB DE CORREDORES VIG-BAY, con enderezo social na avenida Beiramar, 27-1º, 36202 Vigo (Pontevedra). A finalidade deste ficheiro é levar a cabo a xestión de datos das/dos atletas vencellados co club. Se desexa exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición, poderá facelo dirixíndose por escrito ó enderezo designado, engadindo unha fotocopia do seu DNI.