O Club de Corredores Vig-Bay organiza a XX Medio Maratón Gran Bahía o domingo día 07 de abril do 2019.

Na XX Medio Maratón Gran Bahía Vig-Bay, carreira cun percorrido urbano e interurbano de 21.097,50 metros, poderán participar todas as persoas que o desexen, que cumpran 18 anos o ano da proba, federadas ou non, ata un máximo de 4.300 corredores e corredoras. O circuíto está homologado pola RFEA, estando indicados todos os puntos quilométricos cunha bandeira de sinalización.

Cada corredor ou corredora participa baixo a súa enteira responsabilidade, afirma posuír un nivel de condición física suficiente para afrontar a proba e comprométese a aceptar estrictamente este Regulamento. É obrigatorio encher a parte posterior do dorsal dos datos solicitados nel: nome, apelidos, teléfono en caso de emerxencia, se ten algún problema médico (alerxia, atencións especiais, etc.), ou está baixo algún tratamento específico, así como o seu grupo sanguíneo.

Organización e empresas colaboradoras non se responsabilizan de calquera lesión ou padecemento por imprudencia, neglixencia ou falta de forma física do participante.

INSCRICIÓN

Como inscribirse por Internet pola páxina Web do evento www.vig-bay.com, ou nas oficinas do Club de Corredores, avenida Beiramar, 27-1 de Vigo, dende o 18 de outubro de 2018 ata o 27 de marzo de 2019.

O importe da inscrición da Maratón será de 30 euros, para os/as atletas que se inscriban con un chip amarelo propio, deberán rexistralo no momento de faceren a inscrición e, o non propietario ou propietaria de chip amarelo pagará 32 euros. O chip será desbotable e non haberá que devolvelo ao remate da proba.

O prezo, a partir do 21 de marzo de 2019 ata o 27 do mesmo mes, día que se pechará a inscrición, terá un coste engadido de 10 euros. Se antes da data se chegase a ese número, non se admitirían máis inscritos.

Dorsal Solidario, a prol de «700 camisetas contra a Leucemia», é unha iniciativa que pretende fomentar a doazón de médula ósea e sangue en Galiza e fóra de Galiza a través de Galiza. A inscrición por medio do dorsal solidario terá un prezo de 50€. O prezo a maiores da inscrición normal irá destinado, na sua totalidade, a esta asociación. A imaxe do dorsal solidario será distinta do resto e terá un lugar preferente na área de saída da carreira.

O importe da inscrición farase mediante un dos seguintes métodos:

. Mediante a pasarela de pagamento (todo o procedemento conta cun sistema de seguridade de protección de datos cifrado, o que asegura o procedemento).
. Mediante transferencia bancaria. Os/As atletas que elixan pagar a través desta opción poderán acudir a calquera sucursal de Abanca, ou do seu banco máis cercano e facer unha transferencia á conta do Club de Corredores Vig-Bay con Nº: ES90 2080 5058 91 3040021210.
. Para quen teña a súa residencia en Portugal poñemos á súa disposición unha conta na Caixa Geral de Depósitos con Nº: PT50 0035 0486 00042067430 59.
. Os corredores e corredoras teñen tamén a opción de pasar polas nosas oficinas na avenida de Beiramar, 27 -1º e facer a inscrición e o pagamento en persoa.
Só se accederá á devolución do 50% pagado na inscrición no caso de lesión ou enfermidade, cando se presente un certificado médico ao Club de Corredores Vig-Bay (avenida Beiramar, 27 -1º Vigo), antes do 01 de abril de 2019, sendo efectuada a devolución sempre unha vez celebrada a carreira.

A inscrición é persoal e intransferible, e supón a aceptación do presente Regulamento.

Cambio de titularidade da inscrición: se por calquera motivo non vas poder correr na carreira, a partir do 31 de xaneiro e ata o 27 de marzo podes cederlle o teu dorsal a outra persoa.

O cambio de titularidade debe facelo o comprador ou compradora da inscrición.

A partir do 27 de marzo NON se poderá facer ningunha modificación nos datos da bolsa do corredor ou corredora (cor de dorsal, tamaño da camiseta, e autobús), xa que comeza a preparación da mesma.

O/A atleta é consciente de que a inscrición en Maratón non da dereito á participación na distancia da Medio Maratón a celebrar o mesmo día. Se por motivos físicos quixese facer o cambio de modalidade, só estará permitido facelo ata o 20 de marzo e NON terá dereito a ningún tipo de devolución. Este cambio deberá facerse mediante un escrito á Organización. Está totalmente prohibido participar nunha distancia para a que non se estea inscrito ou inscrita, quedando a persoa descualificada no caso de facelo.

CATEGORÍAS

Haberá unha clasificación xeral, distinguindo na mesma os premios para as seguintes categorías:

  • Novos, nados no 2000 e 2001
  • Promesas, nados no 1997, 1998 e 1999
  • Veteranos/as M+35
  • Veteranos/as M+40
  • Veteranos/as M+45
  • Veteranos/as M+50
  • Veteranos/as M+55
  • Veteranos/as M+60
  • Veteranos/as M+65
  • Veteranos/as M+70

Exemplo: Un/Unha atleta de 50 anos, poderá optar a medalla nas categorías, M+35, M+40, M+45 e M+50.

Nas categorías será necesario que haxa, como mínimo, 3 clasificados do mesmo sexo para optar por premios da mesma; as/os atletas das categorías non constituídas serán asignados á categoría inmediatamente superior en idade á que lle corresponda.

RECOLLIDA DE DORSAIS E CHIP

Os dorsais recolleranse no «Museo VERBUM- Casa das Palabras», situado na avenida de Samil,17, en Vigo, o día 05 de abril de 16:00 horas a, ata as 20:00 horas; o día 06 de abril de 10.00 horas, ata as 20:00 horas e o día 07 de abril entre as 07:00 horas e as 8:00 horas. (Recoméndase ás persoas participantes que retiren o seu dorsal coa maior anticipación posible). Para recoller o dorsal e o chip será necesario presentar un documento oficial acreditativo.

Os dorsais e os chips son persoais e intrasferibles, debendo ir colocados correctamente.

A Organización resérvase a facultade de descualificar o corredor ou corredora que, verificada calquera irrugularidade: como non levar o dorsal, que manipule e/ou o ceda a outro/ outra, altere os datos facilitados á Organización con respecto ao que aparece no seu DNI ou ficha, non completar o recorrido, manifeste un mal estado físico, non facilite á Organización a documentación que lle sexa requerida, ou incumpra calquera outra norma contemplada neste Regulamento.

Unha competidora ou competidor deberá retirarse da proba se así llo ordena unha persoa pertence aos servizos médicos, ou de seguridade da proba.

Non se admitirán corredoras ou corredores que non estean inscritos ou corran sen dorsal e chip, impedindo que teñan acceso á carreira en defensa dos dereitos estatutariamente inscritos.

CONTROL DE TEMPOS

A cronometraxe farase polo sistema CHAMPIONCHIP. Tamén temos puntos intermedios de cronometraxe. Do mesmo xeito, calquera corredor ou corredora que rebase o tempo establecido da carreira de 2 horas e 30 minutos, para os 21 kilómetros e, 5 horas e 30 minutos para Maratón límite de paso por meta, correrá baixo a súa responsabilidade.

HORAS E ZONA DE SAÍDA:

MARATÓN: 08,15

A saída terá lugar na avenida de Samil (preto do hotel Samil).

Os únicos vehículos autorizados para seguir a proba serán os nomeados pola Organización. Por razóns de seguridade queda totalmente prohibido seguir os corredores e corredoras en bicicleta, moto ou calquera outro vehículo. A Policía, Garda Civil, e os xuíces ou xuízas da proba retiraranos do circuíto para evitar incidentes.

O peche do control será ás 2 horas e 45 minutos do comezo da proba.

GARDARROUPA

Os/As atletas poderán deixar a súa roupa na bolsa que lles proporcionará a Organización ao solicitar ese servizo cando realicen a inscrición. A entrega séra o día da carreira nas proximidades da entrega de dorsais situada en Samil no horario de 07:00 a 08:00. Para a recollida en Baiona é indispensable presentar o dorsal.

TRANSPORTE

A Organización pon a disposicíón dos participantes autobuses ás 07 da mañá que saen de Baiona á liña de saída, ou unha vez rematada a carreira, quen o necesite ten a opción para volver a Samil (estes autobuses irán saíndo dende as 11:45 ata as 13:45). É importante solicitar este servizo cando realicen a inscrición.

APROVISIONAMENTO E ASISTENCIA

Os puntos de aprovisionamento líquido atópanse cada 5 kilómetros e os puntos de aprovisionamento de esponxas nos kilómetros intermedios. Así mesmo, haberá puntos de aprovisionamento sólido.

Os/As atletas poderán entregar os seus propios aprovisionamentos, debidamente identificados co seu número de dorsal e indicando o punto quilométrico onde desexan recollelo, todo isto con letra fácilmente lexible, antes das 19:00 horas do 6 de abril de 2019 na área de recollida de dorsais en Samil.

As/Os atletas inscritos terán un seguro de accidentes que cubrirá as lesións producidas como consecuencia directa do desenvolvemento da carreira.

Hai puntos sanitarios fixos e móbiles durante o percorrido.

Todas e todos os atletas que rematen a carreira terán na bolsa que se lles fai entrega na área de meta, ademais de aprovisionamento, a medalla conmemorativa. E poderán obter un diploma acreditativo coa marca persoal.

PREMIOS

Os premios en metálico non son acumulativos, percibíndose os de maior importe. Estes premios estarán suxeitos ás retencións correspondentes, segundo o Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, establecéndose a seguinte distribución dos mesmos:

Xeral Individual Homes

  • 1º Xeral Homes:                                  500 euros
  • 2º Xeral Homes:                                   400 euros
  • 3º Xeral Homes:                                   250 euros

 

Total Xeral Homes:                1.150euros

Xeral individual Mulleres

  • 1ª Xeral Mulleres:                                       500 euros
  • 2ª Xeral Mulleres:                                       400 euros
  • 3ª Xeral Mulleres:                                       250 euros

Total Xeral Mulleres                   1.150euros

Xeral individual Veteranos

  • 1º Xeral Veteranos:                                    300 euros
  • 2º Xeral Veteranos:                                 200 euros
  • 3º Xeral Veteranos:                                    100 euros
  • 4º Xeral Veteranos:                                      75 euros
  • 5º Xeral Veteranos:                                      75 euros

Total Xeral Veteranos:               750euros

Xeral individual Veteranas

  • 1ª Xeral Veteranas:                                    300 euros
  • 2ª Xeral Veteranas:                                    200 euros
  • 3ª Xeral Veteranas:                                    100 euros
  • 4ª Xeral Veteranas:                                      75 euros
  • 5ª Xeral Veteranas                                     75 euros

Total Xeral Veteranas:               750euros

As premiadas e premiados que non se eleven a podio perderán o dereito a reclamalo con posterioridade.
As corredoras e corredores descalificados non terán opción aos premios ou medallas.

Todas e todos os participantes, polo feito de inscribirse, declaran coñecer e aceptar o presente Regulamento e a Declaración de Descargas de Responsabilidade e Protección de Datos. En caso de dúbidas prevalecerá o criterio da Organización.

DECLARACIÓN DE DESCARGAS DE RESPONSABILIDADES E PROTECCIÓN

Toda e todo participante inscrito declara o seguinte: «Estou en estado de saúde óptima para participar na Maratón Gran Bahía Vig-Bay. Durante o desenvolvemento da competición contribuirei no posible coa Organización. Tamén, eximo de toda responsabilidade á Organización, patrocinadores ou outras institucións participantes ante calquera accidente ou lesión que puidese sufrir antes, durante e/ou despois do evento deportivo, renunciando dende xa a calquera acción legal contra calquera destas entidades.

Autorizo a que a Organización faga uso publicitario de fotos, videos e calquera outro tipo de material audiovisual no que poida aparecer, aceptando a publicación do meu nome na clasificación da proba, nos medios de comunicación, e/ou Internet, sen esperar pagamento, compensación ou retribución ningunha por este concepto».
Conforme á L.O. 15/1999, informámoslle que os seus datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro, cuxo responsable é CLUB DE CORREDORES VIG-BAY, con enderezo social na avenida Beiramar, 27 -1, 36202 Vigo (Pontevedra). A finalidade deste ficheiro é levar a cabo a xestión de datos das/dos atletas vencellados co club. Se desexa exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición, poderá facelo dirixíndose por escrito ó enderezo designado, engadindo unha fotocopia do seu DNI.