O Club de Corredores Vig-Bay organiza a XXIII Media Maratón Gran Bahía Vig-Bay, o domingo día 14 de abril do 2023.

Na XXIII Media Maratón Gran Bahía Vig-Bay, carreira cun percorrido urbano e interurbano de 21.097 metros, poderán participar todas as persoas que o desexen, que cumpran 18 anos o ano da proba.

Cada corredor ou corredora participa baixo a súa enteira responsabilidade, afirma posuír un nivel de condición física suficiente para afrontar a proba e comprométese a aceptar estrictamente este regulamento. É obrigatorio encher a parte posterior do dorsal cos datos solicitados nel: nome, apelidos, teléfono en caso de emerxencia, se ten algún problema médico (alerxia, atencións especiais, etc.), ou está baixo algún tratamento específico.

Organización e empresas colaboradoras non se responsabilizan de calquera lesión ou padecemento por imprudencia, neglixencia ou falta de forma física do participante.

INSCRICIÓN

Como inscribirse: por Internet pola páxina web do evento www.vig-bay.com, en www.championchipnorte.com, ou nas nosas oficinas do Club de Corredores na avenida Beiramar, 27-1º de Vigo, dende o 20 de novembro de 2023 ata o 27 de marzo de 2024.

O importe da inscrición será de:

Do 20 de novembro ata o 31 de decembro de 2023 (22 euros)

Do 1 de xaneiro ata o 31 de xaneiro de 2024 (25 euros)

Do 1 de febreiro ata o 18 de marzo de 2024 (28 euros)

Do 19 de marzo ata o 27 de marzo de 2024 (35 euros)

O cambio de modalidade só poderá realizarse ata o 18 de marzo e non se devolverá a diferenza. O chip será desbotable e non terá que ser devolto ao remate da proba.

Dorsal Solidario, a prol do Centro Juan María, centro de educación especial en Nigrán. A inscrición por medio do dorsal solidario terá un custo engadido de 10€. O prezo a maiores da inscrición normal irá destinado íntegramente a esta fundación. A imaxen dos dorsais solidarios será diferente ao resto e terá un lugar preferente na zona de saída da carreira.

O pagamento da inscrición farase mediante un dos seguintes métodos:

  • Mediante a pasarela de pagamento (todo o procedemento conta cun sistema de seguridade de protección de datos cifrado, o que asegura o procedemento).
  • Mediante transferencia bancaria. Os/As atletas que elixan pagar a través desta opción poderán acudir a calquera sucursal de Abanca, ou do seu banco máis cercano e facer unha transferencia á conta do Club de Corredores Vig-Bay con Nº: ES90 2080 5058 91 3040021210.
  • Os corredores e corredoras teñen tamén a opción de pasar polas nosas oficinas na avenida de Beiramar, 27-1º e facer a inscrición e o pagamento en persoa.

A inscrición é persoal e intransferible, e supón a aceptación do presente regulamento.

Só se accederá á devolución do 50% pagado na inscrición no caso de lesión ou enfermidade, cando se presente un certificado médico ao Club de Corredores Vig-Bay (avenida Beiramar, 27-1º, 36202 Vigo), antes do 18 de marzo de 2023, sendo efectuada a devolución sempre unha vez celebrada a carreira.

Cambio de titularidade da inscrición, a partir do 31 de xaneiro e ata o 18 de marzo podes cederlle o teu dorsal a outra persoa. O cambio de titularidade debe facelo o comprador ou compradora da inscrición.

A partir do 19 de marzo NON se poderá facer ningunha modificación nos datos da bolsa do corredor ou corredora (cor do dorsal, tamaño da camiseta e autobús) xa que comeza a preparación da mesma.

CATEGORÍAS

Haberá unha Clasificación Xeral, entregaranse medallas aos 3 primeiros e primeiros da clasificación xeral absoluta e aos 3 primeiros e primeiros de todas as seguintes categorías:

  • Junior: 18 e 19 anos
  • Promesas: entre 20 e 22 anos
  • Senior: entre 23 e 34 anos
  • Veteranos/as M35: entre 35 e 39 anos
  • Veteranos/as M40: entre 40 e 44 anos
  • Veteranos/as M45: entre 45 e 49 anos
  • Veteranos/as M50: entre 50 e 54 anos
  • Veteranos/as M55: entre 55 e 59 anos
  • Veteranos/as M60: entre 60 e 64 anos
  • Veteranos/as M65: entre 65 e 69 anos
  • Veteranos/as M70: entre 70 e 74 anos
  • Veteranos/as M75: máis de 75 anos

Nas categorías será necesario que haxa, como mínimo, 3 clasificados do mesmo sexo para optar por premios da mesma; as/os atletas das categorías non constituídas asignarase á categoría inmediatamente inferior en idade á que lle corresponda.

CATEGORÍAS DIVERSIDAD FUNCIONAL

Establécense as seguintes catro categorías en homes e mulleres para deportistas con discapacidade:

Atletas en cadeira de rodas:

  • Atletas en cadeira de rodas e handbikes: que non teñan mecanismos ou engrenaxes que axuden a impulsalas. Só se permite o impulso cos brazos no anel unidos á roda.

Corredores a pé:

  • Persoa con discapacidade funcional (persoas con discapacidade física, parálise cerebral e dano cerebral)
  • Persoa con discapacidade sensorial (auditiva ou visual)
  • Persoa con discapacidade intelectual

Os atletas en cadeira de rodas, handbike ou similares non poderán superar en ningún momento o vehículo que abre a carreira. No caso de facelo, serán descalificados da proba. Se se ignora e circulan por diante do vehículo que abre a carreira, farano baixo a súa responsabilidades, quedando excluídos da cobertura dos seguros que cobren a proba.

Os únicos datos que terá en conta a organización á hora de realizar as clasificacións de calquera categoría serán os que o propio corredor facilite na súa ficha de inscrición.

PREMIOS

Os premios en metálico non son acumulables, recibindo a contía máis alta. Os devanditos premios estarán suxeitos ás retencións correspondentes segundo o IRPF, establecéndose a seguinte distribución dos mesmos:

Xeral individual Homes (Marca 1:10’19”) Correspondente a un valor atlético de 800 puntos IAAF

  • 1º Xeral Homes                                  500 euros
  • 2º Xeral Homes                                  400 euros
  • 3º Xeral Homes                                  250 euros

Total Xeral Homes               1.150 euros

Xeral individual Mulleres (Marca 1:25’39”) Correspondente a un valor atlético de 800 puntos IAAF

  • 1º Xeral Mulleres                                 500 euros
  • 2º Xeral Mulleres                                 400 euros
  • 3º Xeral Mulleres                                 250 euros

Total Xeral Mulleres               1.150 euros

Xeral individual Veteranos  (Marca 1:20’06”) Correspondente a un valor atlético de 500 puntos IAAF

  • 1º Xeral Veteranos                               300 euros
  • 2º Xeral Veteranos                               200 euros
  • 3º Xeral Veteranos                               100 euros
  • 4º Xeral Veteranos                                 75 euros
  • 5º Xeral Veteranos                                 75 euros

Total Xeral Veteranos             750 euros

Xeral individual Veteranas  (Marca1:42’16”) Correspondente a un valor atlético de 500 puntos IAAF

  • 1ª Xeral Veteranas                                300 euros
  • 2ª Xeral Veteranas                                200 euros
  • 3ª Xeral Veteranas                                100 euros
  • 4ª Xeral Veteranas                                  75 euros
  • 5ª Xeral Veteranas                                  75 euros

Total Xeral Veteranas            750 euros

Equipos masculino e feminino

  • 1º Equipo                                             200 euros
  • 2º Equipo                                             150 euros
  • 3º Equipo                                             100 euros

Total Equipos                           900 euros

En EQUIPOS, haberá dúas categorías, masculina e feminina. Os equipos poderán tamén ser mixtos e entrarán dentro da categoría masculina. Para ter a consideración de equipo, a agrupación de corredores e corredoras deberá estar formado, como mínimo, por 5 atletas na liña de saída. Para a concesión destes premios sumaranse os tempos en meta dos tres primeiros clasificados de cada equipo e categoría

As premiadas e premiados que non se eleven a podio perderán o dereito a reclamalo con posterioridade.

As corredoras e corredores descalificados non terán opción aos premios ou medallas.

RECOLLIDA DE DORSAIS 

Os dorsais recolleranse no «Museo VERBUM- Casa das Palabras», situado na avenida de Samil,17, en Vigo, o día 12 (venres) de abril de 16:00 horas ata as 20:00 horas, o día 13 (sábado) de abril de 10:00 horas ata as 20:00 horas e o día 14 (domingo) de abril entre as 08:00 horas e as 10:15 horas (recoméndase ás persoas participantes que retiren o seu dorsal coa maior anticipación posible). Para recoller o dorsal será necesario presentar un documento oficial acreditativo.

Os dorsais son persoais e intrasferibles, debendo ir colocados correctamente.

A Organización resérvase a facultade de descualificar o corredor ou corredora que, verificada calquera irrugularidade como non levar o dorsal, que manipule e/ou o ceda a outro/outra, altere os datos facilitados á Organización con respecto ao que aparece no seu DNI ou ficha, non complete o recorrido, manifeste un mal estado físico, non facilite á Organización a documentación que lle sexa requerida, ou incumpra calquera outra norma contemplada neste regulamento.

Unha competidora ou competidor deberá retirarse da proba se así llo ordena unha persoa pertence aos servizos médicos, ou de seguridade da proba.

Non se admitirán corredoras ou corredores que non estean inscritos ou corran sen dorsal e chip, impedindo que teñan acceso á carreira en defensa dos dereitos estatutariamente inscritos.

CONTROL DE TEMPOS

A cronometraxe realizarase baixo o sistema CHAMPIONCHIP. Contamos tamén con puntos intermedios de cronometraxe. Do mesmo xeito, calquera corredor ou corredora que superase o tempo establecido da carreira de 2 horas e 45 minutos, límite de paso na meta, correrá baixo a súa responsabilidade.

HORAS E ZONA DE SAÍDA

CADEIRAS DE RODAS E HANDBIKE: 10:20 horas

CORREDORES E CORREDORAS A PÉ: 10:30 horas

A saída terá lugar na avenida de Samil (preto do hotel).

Os únicos vehículos autorizados para seguir a proba serán os nomeados pola Organización. Por razóns de seguridade queda totalmente prohibido seguir os corredores e corredoras en bicicleta, moto ou calquera outro vehículo. A Policía, Garda Civil, e os xuíces ou xuízas da proba retiraranos do circuíto para evitar incidentes.

O peche do control será ás duas horas e corenta y cinco minutos do comezo da proba.

GARDARROUPA

Os/As atletas poderán deixar a súa roupa na bolsa que lles proporcionará a Organización ao solicitar este servizo cando realicen a inscrición. A entrega séra o día da carreira nas proximidades da entrega de dorsais situada en Samil no horario de 09:00 a 10:00. Para a recollida en Baiona é indispensable presentar o dorsal. A organización non se fará responsable do deterioro de calquer obxecto sensible de dano.

TRANSPORTE

A Organización pon a disposicíón dos participantes autobuses ás 08:30 da mañá que saen de Baiona á liña de saída, ou unha vez rematada a carreira, quen o necesite ten a opción para volver a Samil (estes autobuses irán saíndo dende as 12:00 ata as 13:30). É importante solicitar este servizo cando realicen a inscrición.

APROVISIONAMENTO E ASISTENCIA

Os puntos de aprovisionamento líquido atópanse cada 5 quilómetros e os puntos de aprovisionamento de esponxas nos quilómetros intermedios.

Os/As atletas poderán entregar os seus propios aprovisionamentos antes das 19:00 horas do 13 de abril na área de recollida de dorsais en Samil, debidamente identificados co seu número de dorsal e indicando o punto quilométrico onde desexan recollelo, todo isto con letra fácilmente lexible.

Todas e todos os atletas que rematen a carreira terán na bolsa que se lles fai entrega na área de meta, ademais de aprovisionamento, a medalla conmemorativa finisher e poderán obter un diploma acreditativo coa marca persoal na páxina de championchipnorte.

Hai puntos sanitarios fixos e móbiles durante o percorrido.

As/Os atletas inscritos terán un seguro de accidente que cubrirá as lesións producidas como consecuencia directa do desenvolvemento da carreira.

Todas e todos os participantes, polo feito de inscribirse, declaran coñecer e aceptar o presente Regulamento e a Declaración de Descargas de Responsabilidade e Protección de Datos. En caso de dúbidas prevalecerá o criterio da Organización.

DECLARACIÓN DE DESCARGAS DE RESPONSABILIDADES E PROTECCIÓN DE DATOS

Toda e todo participante inscrito declara o seguinte: “Estou en estado de saúde óptima para participar na Media Maratón Gran Bahía Vig-Bay. Durante o desenvolvemento da competición contribuirei no posible coa Organización. Tamén, eximo de toda responsabilidade á Organización, patrocinadores ou outras institucións participantes ante calquera accidente ou lesión que puidese sufrir antes, durante e/ou despois do evento deportivo, renunciando dende xa a calquera acción legal contra calquera destas entidades. Autorizo a que a Organización faga uso publicitario de fotos, videos e calquera outro tipo de material audiovisual no que poida aparecer, aceptando a publicación do meu nome na clasificación da proba, nos medios de comunicación, e/ou Internet, sen esperar pagamento, compensación ou retribución ningunha por este concepto”.
Conforme á L.O. 15/1999, informámoslle que os seus datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro, cuxo responsable é CLUB DE CORREDORES VIG-BAY, con enderezo social na avenida Beiramar, 27-1º, 36202 Vigo (Pontevedra). A finalidade deste ficheiro é levar a cabo a xestión de datos das/dos atletas vencellados co club. Se desexa exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición, poderá facelo dirixíndose por escrito ó enderezo designado, engadindo unha fotocopia do seu DNI.