O Club de Corredores Vig-Bay organiza o XXIII Medio Maratón Gran Bahía Vig-Bay o domingo día 14 de abril do 2024, ás 10:30 hrs.

Regulamento

O Club de Corredores Vig-Bay organiza o XXIII Medio Maratón Gran Bahía Vig-Bay o domingo día 14 de abril de 2024.

No XXIII Medio Maratón Gran Bahía Vig-Bay, carreira con percorrido urbano e interurbano de 21.097 metros, poderán participar todas as persoas que o desexen, que cumpran 18 anos o ano da proba, estando indicados todos os puntos kilométricos cunha bandeira de sinalización.

Percorrido

Circuíto en liña, urbano e interurbano. A distancia entre saída e meta en liña recta excede en máis do 50% da lonxitude da carreira. A diferenza de altitude si a cumpre. Transcorre polos termos municipais de Vigo, Nigrán e Baiona.

Saída avenida de Samil, á altura da entrada ao aparcadoiro do novo hotel, utilizando todo o ancho da calzada. Continúa utilizando todo o ancho pola rúa Canido, Cesáreo Vázquez, PO-325 (Ricardo Mella) hasta cruzamento coa rúa Mide. A partir de aquí, carril dereito e carril bici, en PO-325 do km. 12 da estrada. Ata o xiro á dereita en cruzamento con avenida de Castelao (antes Bernardo Vázquez), tamén se usa o carril peonil, pintado á beira do carril bici. Ao final de Castelao, volve a xirar á dereita entrando en Arquitecto Palacios, xiró á esquerda en rúa Gondomar, deixando rotonda á dereita, rúa Cidade de Vigo (todo o ancho), avenida Canido (carril dereito), Paseo Lourido (carril dereito), Paseo Lourido (todo o ancho), rúa Cháns, en Monte Lourido (todo o ancho), rúa Lourido Beiramar (todo o ancho), xiro á esquerda por Doctor Ruiz

(todo o ancho, saíndo á subida Monte Lourido, onde se xira á dereita para entrar outra vez en PO-325 (Torrente Ballester), utilizando dende aquí o carril dereito de circulación. Avenida Manuel Lemos (ponte Ramallosa), Julián Valverde (1ª rotonda Sabarís), 2ª Rotonda Sabarís (todo o ancho), avenida. Praia Ladeira, rúa Areas, Camiño Real, avenida de Santa Marta, avenida de Monterreal, rúa Alférez Barreiro e rúa Elduayen, onde está a meta.

Dorsal Solidario

Dorsal Solidario, a prol do.
A inscripción por medio do dorsal solidario terá un custo añadido de 10€. O prezo a maiores da inscrición normal irá destinado integramente a esta asociación. A imaxen do dorsal solidario será distinta ao resto e terán un lugar preferente na zona de saída da carreira.

Preguntas frecuentes

  • Bolsa do corredor ou corredora
  • Dorsal + Chip
  • Camiseta oficial
  • Regalos promocionais
  • Imperdibles
  • Bolsa Finisher de aprovisionamento
  • Medalla Finisher
  • Aprovisionamentos en carreira
  • Autobuses
  • Gardarroupa
  • Duchas
  • Seguro de accidentes
  • Servizos médicos

Do 20 de novembro ata o 31 de decembro de 2023 (22 euros)
Do 1 de xaneiro ata o 31 de xaneiro de 2024 (25 euros)
Do 1 de febreiro ata o 18 de marzo de 2024 (28 euros)
Do 19 de marzo ata o 27 de marzo de 2024 (35 euros)

Por Internet a través da páxina web do evento www.vig-bay.com, en www.championchipnorte.com ou nas oficinas do Club de Corredores na Avenida Beiramar 27-1º de Vigo, dende o 20 de novembro de 2023 ata o 27 de marzo de 2024.

  • Mediante a pasarela de pago (todo o proceso conta cun sistema de seguridade de protección de datos cifrado, o que asegura o procedemento).
  • Mediante trasferencia bancaria. Os/As atletas que elixan pagar a través desta opción, poderán acudir a calquera sucursal de Abanca ou do seu banco máis cercano e, realizar unha transferencia á conta do Club de Corredores Vig-Bay con Nº: ES90 2080 5058 91 3040021210.
  • Os corredores e corredoras teñen tamén a opción de pasar polas nosas oficinas na Avd. Beiramar, 27-1º e facer a inscrición e o pago persoalmente.

A prol do ….
A inscripción por medio do dorsal solidario terá un custo añadido de 10€. O prezo a maiores da inscrición normal irá destinado integramente a esta asociación. A imaxen do dorsal solidario será distinta ao resto e terán un lugar preferente na zona de saída da carreira.

Se por calquera razón non vas poder participar e xa tes a inscrición feita, mándanos un mail a [email protected], pedíndonos o cambio de titularidade, e farémolo sen ningún problema dende o 31 de xaneiro e ata o 18 de marzo.
O cambio de titularidade debe ser realizado polo comprador.
A partir do 19 de marzo NON se poderá realizar ningunha modificación nos datos da bolsa do corredor

No «Museo VERBUM – Casa de las Palabras», na Avenida de Samil 17, en Vigo.

  • O día 12 (VENRES) de abril de 2024 dende as 16:00 horas ata as 20:00 horas.
  • O día 13 (SÁBADO) de abril de 2024 dende as 10:00 horas ata as 20:00 horas.
  • O día 14 (DOMINGO) entre as 08:00 horas e as 10:20 horas.

(Para recoller a bolsa do dorsal é necesario presentar un documento oficial acreditativo).

Si, tes á túa disposición unha autorización na nosa páxina web que deberás entregar ben completada á persoa que autorices para a recollida.

Está na Avenida de Samil, no alto do novo hotel, e a poucos metros da entrega de dorsais.

Recomendamos que se utilicen os diferentes aparcadoiros que hai pegados á praia de Samil.
O tráfico, cara á avenida de Samil pola avenida Atlántida, estará cortado dende as 07:00 (só se poderá acceder ata a praia Cocho das Dornas, en avenida de Samil 24)
O acceso dende a avenida de Europa hacia la avenida de Samil estará cortado a partir das 09:30
Tamén se poderá chegar a Samil pola rúa do Rio (Lagares).
Se o solicitaches ao faceres a inscrición, ao rematares a carreira os autobuses que pon a Organización deixarante de volta en Samil, á altura del Museo Verbum (lugar onde recolliches a bolsa de corredor ou corredora).

Se decides levar o coche a Baiona e utilizar o autobús que te levará á líña de saída, recomendamos que utilices un dos seguintes aparcadoiros:

  • PARKING LA PALMA PUERTO BAIONA (xunto ao parque e a saída dos autobuses)
  • PARKING ARAL (xunto ao pavillón e ao campo de fútbol, onde se atopan as duchas e vestiarios)

Si, o tempo máximo para finalizar é de 2 horas e 45 minutos.

Si, para dar maior fluidez á saída. Son identificados por cores, que coinciden coa cor identificadora do teu dorsal. Existen cinco caixóns:

  • CAXÓN 1: SUB 1h 30min.
  • CAXÓN 2: SUB 1h 40min.
  • CAXÓN 3: SUB 1h 45min.
  • CAXÓN 4: SUB 1h. 50min.
  • CAXÓN 5: SUB 2h.
  • CAXÓN 6: Resto de tempos.

A túa marca persoal debe ser igual ou inferior ao tempo do caixón no que desexes situarte. Deberás solicitar o caixón ao faceres a inscrición.

Si. A Organización ten previsto a participación de corredores e corredoras guía que marcarán tempos de paso e, ritmo para axudarte a cumprir a túa meta. Correrán a ritmos co obxectivo de rematar a proba en  1h 30 min. – 1h 40 min. – 1h 45 min. –1h 50 min –  2h . Colocaranse ao comenzo de cada caixón correspondente ao tempo a realizar e estarán identificados cunha banderola perfectamente visible.

O dorsal de cada corredor e corredora estará equipado cun chip que se encuentra adherido na parte traseira do mesmo. Para que o tempo sexa correctamente computado, debes pasar polo arco de saída, polos distintos puntos de control e na liña de meta.

  • Sillas e Handbike, ás 10:20 hr
  • Carreira a pé, ás 10:30 hr

Sentímolo, a seguridade é a razón pola que non está permitido. Está prohibido seguir as  corredoras e corredores en moto, bicicleta, patíns ou calquera aparello rodado. Tampouco está permitido correr sen dorsal.
A carreira desenvolverase polos espazos que as autoridades de tráfico autorizan e reservan para tal fin. As/Os axentes que custodian a proba retirarán do circuíto as persoas que incumpran esta norma, coa finalidade de evitar accidentes.

Os puntos de auga atópanse nos puntos kilométricos 5 – 10 – 15 – 20 e os de esponxas no 7,5 – 12,5 – 17,5. Tamén, á túa chegada á meta, terás a túa mochila de finisher con aprovisionamento líquido e sólido.

Na liña de saída, en distintos puntos kilométricos e meta. De forma complementaria e, para maior seguridade, haberá servizo médico na cola da carreira. Atenderán calquera necesidade que teñas. En caso de que necesites asistencia urxente durante o percorrido, para e pide a calquera membro da Organización que alerte os servizos médicos.

Si, a Organización dispón de baños portátiles situados nas áreas de saída e meta. Tamén haberá en distintos puntos do circuíto

Si, se queres que te levemos as túas cousas de Samil a Baiona, solicítao ao faceres a inscrición.
A quen solicite este servizo, entregarémoslle unha bolsa que leva un adhesivo co voso número de dorsal, metedes nela o que necesitedes ter en Baiona e debedes entregala   nas furgonetas que encontraredes no Museo Verbum (Samil) en horario de 09:00 a 10:00 h. Para a recollida en Baiona é imprescindible presentar o dorsal. A organización non se fará responsable do deterioro de calquer obxecto sensible de dano.

Poñemos á  vosa disposición autobuses ás 8:30 da mañá que saen de Baiona (na entrada do Parador) e vos levan á liña de saída.
Para quen queira voltar a Vigo unha vez rematada a carreira, o horario será dende as 12:00 ata as 13:30.
Solicita o que precises  ao faceres a inscrición, vai incluído no prezo da mesma.

Si, en Baiona, sempre e cando as normas sanitarias vixentes nesa data o permitan.

  • Pavillón Municipal (Dolores Agrelo,7)
  • Campo de Futbol do Aral (Dolores Agrelo,3)

Autorización

Se non podes achegarte a recoller a bolsa do dorsal podes descargar está autorización e darlla correctamente cuberta e sempre acompañada pola fotocopia do teu DNI , á persoa que estimes oportuno.