O Club de corredores Vig-Bay organiza a I Maratón Gran Bahía Vig-Bay, o domingo día 07 de abril de 2019.

A maratón Gran Bahía Vig-Bay, carreira cun percorrido urbano e interurbano de 42,195 metros, poderán participar todas as persoas que o desexen, que cumpran 18 anos o ano da proba, federadas ou non. No circuíto estarán sinalados todos os puntos quilométricos cunha bandeira de sinalización.

Cada corredor e corredora participa baixo a súa responsabilidade e afirma posuír un nivel de condición física suficiente para afrontar a proba, e ademais se compromete a aceptar estrictamente este Regulamento. É obligatorio encher a parte traseira do dorsal cos datos solicitados nel: nome, apelidos, teléfono en caso de emerxencia, se ten algún problema médico (alerxia, atencións especiais, etc.) ou está baixo tratamento especifíco dalgún tipo, ademais do seu grupo sanguíneo.

Organización e empresas colaboradoras non se fan responsables de calquera lesión ou padecemento por imprudencia, neglixencia ou falta de forma física da/do participante.

INSCRICIÓN

Como inscribirse? Por Internet a través da paxina web do evento: www.vig-bay.com, ou nas oficinas do Club de Corredores en avenida Beiramar, 27 –1 de Vigo, dende o 18 de outubro de 2018 ata o 27 de marzo de 2019.

O/A participante deberá facer constar ao faceren a inscrición a categoría que ten consignada como atleta discapacitado ou discapacitada.

O importe da inscricion da Maratón será de 30 euros para os/as atletas que se inscriban cun chip amarelo propio, deberán deixalo reflectido no momento de faceren a inscrición, e o que non é propietario de chip amarelo pagará 32 euros. O chip será desbotable e non terá que ser devolto ao rematar a proba.

O prezo a partir do 21 de marzo de 2019 ata o 27 do mesmo mes, día que pechará a inscrición custará 10 euros máis. Se antes da data de peche se chegase a ese número, non serán admitidos máis inscritos.

Dorsal Solidario, a favor de «700 camisetas contra a Leucemia» é unha iniciativa que pretende fomentar a doazón de médula ósea e sangue en Galiza, e fóra de Galiza a través de Galiza. A inscrición a través de dorsal solidario terá un custo de 50€. O prezo a máis da inscrición normal irá destinado, na sua totalidade, a esta asociación. A imaxe do dorsal solidario será distinta ao resto e, terán un lugar preferente na área de saída da carreira.

O importe da inscrición farase mediante un dos seguintes métodos:

  • A través da pasarela de pagamento (todo o proceso conta cun sistema de seguridade de protección de datos cifrado, o que garante o procedemento).
  • A través de transferencia bancaria. Os/As atletas que elixan pagar a través desta opción poderán acudir a calquera sucursal de Abanca ou do seu banco máis cercano e realizar unha transferencia á conta do Club de Corredores Vig-Bay con Nº: ES90 2080 5058 91 3040021210.
  • Para quen resida en Portugal tamén poñemos á súa disposición unha conta na Caixa Geral de Depósitos con Nº: PT50 0035 0486 00042067430 59.
  • Os/As corredores teñen tamén a posibilidade de pasar polas nosas oficinas en avenida Beiramar, 27 – 1º e facer a inscrición e o pagamento persoalmente.

Só se accederá á devolución do 50%, pagado da inscrición, en caso de lesión ou enfermidade, cando se presente un certificado médico ao Club de Corredores Vig-Bay (avenida Beiramar, 27 – 1º, 36201 Vigo), antes do 1 de abril de 2019, facéndose sempre a devolución unha vez celebrada a carreira.

A inscrición é persoal e intrasferible e supón a aceptación do presente Regulamento.

Cambio de titularidade da inscrición. Se por algún motivo non vas poder correr a proba, a partir do día 31 de xaneiro e ata o día 27 de marzo podes cederlle o teu dorsal a outra persoa.

O cambio de titularidade deberá facelo a persoa compradora da inscrición.

A partir do día 27 de marzo NON se poderá facer modificación ningunha nos datos da bolsa do corredor (cor do dorsal, talle da camiseta, e autobús) xa que comeza a preparación da mesma.

O/A atleta ten que ser consciente que a inscrición en Maratón non dá dereito á participación na distancia de Medio Maratón que se celebra o mesmo día. Se por motivos físicos quixese facer o cambio de modalidade, só se permitirá ata o 20 de marzo, e NON terá dereito a ningún tipo de devolución. Este cambio terá que facerse mediante escrito á Organización. Queda totalmente prohibido participar nunha distancia para a que non se está inscrito ou inscrita, quedando a persoa descualificada no caso de facelo.

CATEGORÍAS

Atletas con discapacidade Física Motora (Feminina e Masculina):

GRUPO 1

  • T42: Amputación única sobre o xeonllo.
  • T43: Dobre amputación por debaixo do xeonllo.
  • T44: Amputación única por debaixo do xeonllo.

GRUPO 2

  • T45: Dobre amputación por riba do cóbado
  • T46: Amputación única por riba do cóbado

Atletas con parálise cerebral: (Feminina e Masculina):

  • T35 Atletas CP5. O/A atleta ten un equilibrio estático normal, pero amosa problemas no equilibrio dínámico. Un pequeno desvío do centro de gravidade pode levar a unha perda de equilibrio. A/O atleta pode precisar a axuda dalgún aparello para camiñar, pero non necesariamente, cando está parado ou tirando (probas de campo en atletismo). O/A atleta pode ter suficiente función para correr na pista.
  • T36 Atletas CP6. O/A atleta non ten a capacidade de permanecer queda; mostran movementos cíclicos involuntarios e habitualmente os catro membros están afectados. O/A atleta é capaz de camiñar sen axuda. Normalmente, teñen máis problemas de control nos brazos e teñen mellor función nas pernas que os CP, especialmente cando corren.
  • T37 Atletas CP7. O/A atleta ten espasmos musculares incontrobles na metade do seu corpo. Teñen boas habilidades funcionais na parte dominante do corpo. Camiñan sen axuda, pero moitas veces con coxeiras debido a espasmos musculares incontrolables na perna. Mentres corren, a coxeira pode desaparecer case que totalmente. A parte dominante ten un mellor desenvolvemento e bo movemento de continuación ao camiñar e ao correr. O control do brazo e mán está só afectado na parte non dominante. Amosa un bo control funcional na parte dominante.
  • T38 Atletas CP8. O/A atleta amosa un mínimo de espasticidade incontrolable nun brazo, unha perna ou a metade do seu corpo. Para seren elixidas ou elixidos, estes atletas precisan ter un diagnóstico de parálise cerebral ou doutro dano cerebral non progresivo.

Atletas con discapacidade visual ( Femininos e Masculinos):

  • T11 Atletas B1. Un/Unha atleta desta clase terá, ou ningunha percepción da luz en ningún dos dous ollos, ou algo de percepción da luz, pero incapacidade para recoñecer a forma dunha man a calquera distancia ou en calquera dirección.
  • T12 Atletas B2. O/A atleta pode recoñecer a forma dunha man e ten a capacidade de percibir, claramente, ata un máximo de *2/60 (Unha persoa pode ver a dous metros o que normalmente pódese ver a 60m). O campo visual do atleta é menor de cinco graos.
  • T13 Atletas B3. O/A atleta pode recoñecer a forma dunha man e a habilidade para percibir claramente estará por riba de 2/60 e ata 6/60. O campo visual do/da atleta varía entre máis de cinco graos e menos de 20 graos.

Para que existan as diferentes categorías, será necesaria a presenza de polo menos tres atletas, tanto en feminina coma en masculina e así optar aos premios da mesma.

RECOLLIDA DE DORSAIS E CHIP

Os dorsais recolleránse no «Museo VERBUM – Casa das Palabras», sito na avenida de Samil 17, en Vigo, o día 05 de abril dende as 16:00 horas ata as 20:00 horas, o día 06 de abril dende as 10:00 horas ata as 20:00 horas, e o día 07 de abril dende as 07:00 horas ata as 10:30horas. (Recoméndase ás persoas que participen que retiren o seu dorsal coa maior anticipación posible). Para recoller o dorsal e chip será necesario presentar un documento oficial acreditativo.

Os dorsais e os chip son personais e intransferibles, debendo ser colocados correctamente.

A organización resérvase a facultade de descualificar o corredor ou corredora que, comprobada calquera irregularidade como: non levar o dorsal, manipulalo e/ou transferilo a outra persoa, cambiar os datos facilitados á organización con respecto ao que figura no seu DNI ou ficha, non completar o recorrido, manifeste un mal estado físico, non facilite á Organización a documentación que lle sexa requirida, ou incumpra calquera outra norma contemplada neste Regulamento.

Unha competidora ou competidor deberá retirarse da proba, se así llo ordena persoal dos servizos médicos ou de seguridade da proba.

Non serán admitidos corredoras e corredores que non estean inscritos, ou corran sen dorsal ou chip, impedíndolles ter acceso á carreira en defensa dos dereitos regularientariamente inscritos.

CONTROL DE TEMPOS

A cronometraxe realizarase polo sístema CHAMPIONCHIP. Tamén temos puntos intermedios de cronometraxe. Do mesmo xeito, calquera corredor ou corredora que superara o tempo establecido de carreira de 2 horas e 45 minutos, límite de paso na meta, correrá baixo a súa responsabilidade.

HORAS E ÁREA DE SAÍDA

MARATÓN CADEIRAS DE ATLETISMO E HANDBIKE: 8:15

A saída terá lugar na avenida de Samil (ao lado do hotel Samil)

Os únicos vehículos autorizados a seguir a proba serán os nomeados pola Organización. Por razóns de seguridade, queda totalmente prohibido seguir os corredores e corredoras en bicicleta, moto ou calquera outro vehículo. A Policía, Garda Civil e os xuíces e xuízas da proba sacaranos do circuíto para evitar incidentes.

O peche de control será ás 2 horas e corenta e cinco minutos dende o comezo da proba.

ASPECTOS TÉCNICOS

Cadeiras de Atletismo e Handbike:

Só se poderá participar con cadeiras de Atletismo e handbikes homologadas e creadas para a participación neste tipo de eventos deportivos.

O deseño das cadeiras de atletismo non deberá incorporar ningún dispositivo para aumentar a súa capacidade aerodinámica.

Non están permitidos engrenaxes mecánicas ou pancas que poidan ser utilizadas para impulsar a cadeira.

Ningunha parte da cadeira poderá destacar por detrás do plano vertical do bordo posterior das rodas traseiras.

Só será permitido un dispositivo mecánico de dirección manual. O/A atleta deberá ser capaz de xirar a cadeira manualmente, de fronte, á dereita ou á esquerda.

Os/As atletas deben asegurarse de que ningunha parte dos seus membros inferiores toquen o chan, ou a pista durante a carreira.

Será responsabilidade do competidor ou competidora que a cadeira de atletismo e handbike sexa conforme ás regras enriba indicadas e non demorar a carreira mentres fai axustes á cadeira.

Todas as cadeiras de atletismo e handbike deberán ter as medidas técnicas autorizadas e habituais. Todas as que presenten novidades que afecten no impulso e velocidade deberán ser examinadas polo comité organizador, que vai determinar a súa presenza na carreira.

Todas e todos os atletas en cadeira de atletismo e handbike deberán levar, obrigatoriamente, casco e banderín de visibilidade ao longo da carreira e os seus prolegómenos.

O desprazamento por algún método, agás o impulso do competidor ou competidora sobre as rodas ou aneis de impulsión, significarían a descualificación.

A Organización non se fará responsable dos danos que poidan sufrir as bicicletas, cadeiras de atletismo, accesorios ou calquera outro material durante a actividade.

As persoas participantes deberán levar unha cámara de recambio, un bidón de auga e unha bomba compatible.

É moi recomendable revisar a bicicleta antes da marcha.

Discapacidade Visual:

Os/As atletas da categoría B1 deberán levar lentes escuras homologadas ou un substituto axeitado durante a carreira. Cando os/as deportistas non compitan, poderán quitar as lentes escuras ou o seu substituto.

Tanto os/as atletas da categoría B1, B2 E B3 deberán participar necesariamente cun/cunha guía. Esta/Este guía deberá levar un peto que a/o identifique como tal.

Cando o corredor ou corredora con discapacidade visual atravese a liña de chegada, o/a guía deberá estar detrás do corredor ou corredora.

O/A atleta poderá elixir o método de guía. O/A atleta poderá escoller entre ser dirixido por un/unha guía que lle suxeite o cóbado, mediante unha atadura, ou correr sen fixación ningunha.

GARDARROUPA

Os/As atletas poderán deixar a súa roupa na bolsa que lles proporcionará a Organización ao solicitar este servizo no momento da inscrición; tamén poden levar as cadeiras ou o que consideren necesario. A entrega será o día da carreira, nas proximidades da entrega de dorsais, situada no Museo Verbum ( Samil) no horario de 09:00 a 10:30. Para a recollida en Baiona, é imperativo presentar o dorsal.

TRANSPORTE

A Organización pon a disposición dos participantes autobuses adaptados. Ás 09:00 da mañá que saen de Baiona ata a liña de saída, ou unha vez rematada a carreira, quen o necesite ten a opción de volver a Samil (estes autobuses están saíndo de 11:45 ata as 13:45). É importante solicitar este servizo no momento de faceren a inscrición. Por favor, envien tamén un correo electrónico a: [email protected]

AVITUALLAMENTO E ASISTENCIA

Os puntos de subministración de líquidos atópanse cada 5 kilómetros e os puntos de subministración de esponxas nos quilómetros intermedios.

Os/As atletas poderán entregar os seus propios subministros, debidamente identificados, co seu número de dorsal e, indicando o punto quilométrico onde os desexa recoller, todo isto en letra fácilmente identificable, antes das 19:00 horas do 06 de abril de 2019 na área de recollida de dorsais en Samil.

As/Os atletas inscritos contarán cun seguro de accidentes que cubrirá as lesións producidas como consecuencia directa do desenvolvemento da carreira.

Hai puntos sanitarios fixos e móbiles durante a ruta.

Todas e todos os atletas, que rematen a carreira, terán na bolsa que se lles entrega na área de meta, ademais do abastecemento, a medalla conmemorativa. E poderán obter un diploma acreditativo coa marca persoal.

PREMIOS

As vencedoras e vencedores que non suban a podio perden o dereito a reclamalo máis tarde.

As corredoras e corredores descualificados non terán opción a medalla.

As persoas que participen, polo feito de inscribirse declaran coñecer e aceptar o presente Regulamento e a Folla de Exención de Responsabilidades e Protección de datos. En caso de dúbida, prevalecerá o criterio da Organización.

Folla de Exención de Responsabilidades e Protección

Toda/Todo participante inscrito declara o seguinte: «Estou en estado de saúde óptima para participar no Medio Maratón Gran Bahía Vig-Bay. Durante o percorrido e desenvolvemento da competición vou contribuír o máximo posible coa Organización.
Tamén, eximo de toda responsabilidade á Organización, patrocinadores ou outras institucións participantes, ante calquera accidente ou lesión que puidese sufrir antes, durante e/ou despois do evento deportivo, renunciando a partir de agora a calquera acción legal contra calquera das devanditas entidades.

Tamén, autorizo a que a Organización faga uso publicitario de fotos, videos ou calquera outro tipo de material audiovisual no que puidese aparecer, aceptando a publicación do meu nome na clasificación da proba, nos medios de comunicación e/ou Internet, sen esperar pagamento, compensación ou retribución ningunha por este concepto».

De acordo coa L.O. 15/1999, informámoslle que os seus datos personais pasarán a formar parte dun ficheiro, cuxo responsable é CLUB DE CORREDORES VIG-BAY, con domicilio social na avenida Beiramar, 27 -1, 36202 Vigo ( Pontevedra). O obxectivo deste ficheiro é levar a cabo a xestión de datos das/dos atletas vencellados co club. Se desexa exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición, poderá facelo dirixíndose por escrito ao enderezo designado, anexando copia do seu DNI.