Maratón Vig-Bay

Domingo 7 de Abril de 2019.

O Club de Corredores Vig-Bay organiza a I Maratón Gran Bahía Vig-Bay, o domingo día 7 de abril de 2019.

Regulamento

O Club de corredores Vig-Bay organiza a I Maratón Gran Bahía Vig-Bay, o domingo día 07 de abril de 2019.

A maratón Gran Bahía Vig-Bay, carreira cun percorrido urbano e interurbano de 42,195 metros, poderán participar todas as persoas que o desexen, que cumpran 18 anos o ano da proba, federadas ou non. No circuíto estarán sinalados todos os puntos quilométricos cunha bandeira de sinalización.

Regulamento diversidade funcional

O/A participante deberá facer constar ao faceren a inscrición a categoría que ten consignada como atleta discapacitado ou discapacitada.

Dorsal Solidario, a favor de «700 camisetas contra a Leucemia» é unha iniciativa que pretende fomentar a doazón de médula ósea e sangue en Galiza, e fóra de Galiza a través de Galiza. A inscrición a través de dorsal solidario terá un custo de 50€.

Percorrido

Circuíto urbano e interurbano. Transcorre polos termos municipais de Vigo, Nigrán e Baiona cunha distancia total de 42 kilómetros e 195 metros.

Saída: Avda. de Samil, utilizando todo o ancho da calzada ata a rotonda de Europa.A partir de alí, usarase os carris dereitos no sentido da circulación ata virar na isleta central que se atopa diante do polideportivo Samil, onde farase un troco de sentido cara a rotonda de Europa, que se deixará a man esquerda e seguimos ata o final da Avda. de Samil, á altura da parada do autobús (Praia dos Olmos) onde farase de novo un cambio de sentido cara a Rotonda de Europa, deixándoa a man esquerda e seguimos ata o final de ésta (Km 1,2,3,4,5), e enlazar ca Rua Canido (PO324) usando só o carril dereito en sentido da circulación (Km 4,5).
Subirase pola Rúa Cesáreo Vazquez polo carril dereito (Km 8) ata enlazar coa Carretera da Vía (PO325) usarase o carril dereito (Km 9,10,11,12,13).
Pasado o Km 13 da da carreira e antes da baixada a Patos farase un troco de sentido na altura do nº 131 da Carretera da Vía (PO325).
Voltarase polo carril dereito no sentido da circulación (Km 14,15,16,17,18) ata enlazar de novo con Cesáreo Vázquez polo carril dereito.
Continuase pola Rúa de Canido polo carril dereito (Km 19,20) para voltar á Avd. de Samil usando os carris dereitos no sentido da circulación. Alí nos atoparemos co Km 21 e ca Media Maratón na altura do nº 69 e antes do paso de peons con semáforo que se atopa antes da Rotonda de Europa que farase un troco de sentido utilizando os carris dereitos da circulación (Km 22), voltaremos novamente á Rúa de Canido polo carril dereito (Km 23.24)
Subimos de novo Rúa Cesáreo Vázquez polo carril dereito (Km 25) para continuar pola Estrada da Vía (PO325), sempre polo carril dereito (KM 26, 27, 28, 29, 30, 31, 32) ata chegar a rotonda ca Avenida de Castelao en Nigrán.

Baixamos por Avda. Castelao (todo o ancho) xirando á dereita entrando en Arquitecto Palacios (Km 33), xiró á esquerda en rúa Gondomar, deixando rotonda á dereita, en novamente xiro a esquerda para rúa Cidade de Vigo (todo o ancho) (Km 34).

Continuamos ó longo da Avenida Praia América (todo o ancho) (Km 35) ata o final que entrarase na Rúa Chans en Monte Lourido, continuando por Lourido Beiramar (Km 36, 37).

O final de Lourido Beiramar xiro a esquerda pola Rúa Foz ata a rotonda saíndo á subida Monte Lourido onde xira á dereira para entrar outra vez na Rúa Torrente Ballester (PO325), utilizando dende aquí o carril dereito de circulación (Km 38)
Ponte Ramallosa utilizando o carril dereiro para entrar no Concello de Baiona.
Deixamos a 1ª rotonda de Sabaris á man esquerda para continuar por Avda. Foz Miñor (PO 552) utilizando o carril dereito. Pasamos fronte ó Ceminterio da Ramallosa para continuar pola Avda. Praia Ladeira (Km 39). Deixaremos a 2ª rotonda a esquerda para continuar na Avda. Praia Ladeira (Km 40). Conectamos ca Rúa Áreas polo carril dereito e ó final da rúa xiramos a dereita para continuar por Avda. Santa Marta. Entrada a Baiona (Km 41), continuamos por Avda. Monterreal polo carril dereito para continuar pola Rúa Alferez Barreiro, onde hoxe atópase a Rotonda co Monumento a Alfonso IX. Continúase pola Rúa Elduayen (Km 42) ata chegar a Meta.
A meta e na rúa Elduayen onde estará a meta do Medio Maratón no lado esquerdo e a meta do Maratón no lado dereito.
Percorre os municipios de Vigo, Nigrán e Baiona cunha distancia total de 42 kilómetros e 195 metros.

Dorsal Solidario

Dorsal Solidario, a prol de «700 camisetas contra a Leucemia», é unha iniciativa que pretende fomentar a doazón de médula ósea e sangue en Galiza e fóra de Galiza a través de Galiza. A inscrición por medio do dorsal solidario terá un prezo de 50€. O prezo a maiores da inscrición normal irá destinado, na sua totalidade, a esta asociación. A imaxe do dorsal solidario será distinta do resto e terá un lugar preferente na área de saída da carreira.

Preguntas Frecuentes

  • Completa bolsa do corredor ou corredora
  • Dorsal + Chip
  • Camiseta Oficial
  • Regalos promocionais
  • Imperdibles
  • Bolsa de aprovisionamento
  • Medalla Finisher
  • Aprovisionamentos en carreira
  • Autobuses
  • Gardarroupa
  • Duchas
  • Seguro de Accidentes
  • Servizos Médicos

Do 18 de outubro de 2018 ata o 20 de marzo de 2019.
Se es propietario/a de chip amarelo 30€
Se non es propietario/a de chip 32€
Do 21 de marzo ata o día 27 de marzo terá un incremento de 10€, non o deixes para o final!!!!!

Por Internet a través da páxina web do evento www.vig-bay.com ou nas oficinas dol Club de Corredores avenida Beiramar 27-1 de Vigo, dende o  18 de outubro de 2018 ata o 27 de marzo de 2019.

  • Mediante a pasarela de pago (todo o proceso conta cun sistema de seguridade de protección de datos cifrado, o que asegura o procedemento).
  • Mediante trasferencia bancaria. Os/As atletas que elixan pagar a través desta opción, poderán acudir a calquera sucursal de Abanca ou do seu banco máis cercano e, realizar unha transferencia á conta do Club de Corredores Vig-Bay con Nº: ES90 2080 5058 91 3040021210.
  • Para todas aquelas e aqueles atletas que residen en Portugal, tamén poñemos á súa disposición a conta do Club de Corredores Vig-Bay na Caixa Geral de Depósitos con Nº: PT50 0035 0486 00042067430 59.
  • Os corredores e corredoras teñen tamén a opción de pasar polas nosas oficinas na avenida Beiramar, 27-1º e facer a inscrición e o pago persoalmente.

A favor de «700 camisetas contra a Leucemia» é unha iniciativa que pretende promover a doazón de médula ósea e sangue en Galicia e fóra de Galicia, a través do deporte, do movemento e da saúde. Terá un custo de 50€. O prezo de máis da inscrición normal irá destinado na súa totalidade a esta asociación. A imaxe do dorsal solidario será distinta do resto e terán un lugar preferente na área de saída da carreira.

Se por calquera razón non vas poder participar e xa tes a inscrición feita, mándanos un mail a [email protected], pedíndonos o cambio de titularidade, e farémolo sen ningún problema.

No «Museo VERBUM – Casa de las Palabras», na avenida de Samil 17, en Vigo.

  • O día 5 (vernes) de abril de 2019 dende as 16:00 horas ata as 20:00 horas.
  • O día 6 (SÁBADO) de abril dende as 10:00 ata as 20:00.
  • O día 7 (DOMINGO) entre as 07:00 horas e as 8:10 horas.

(Para recoller a bolsa do dorsal é necesario presentar un documento oficial acreditativo).

Si, tes á túa disposición unha autorización na nosa páxina web que deberás entregar ben completada á persoa que autorices para a recollida.

Está na avenida de Samil, no alto do hotel Samil, e a poucos metros da entrega de dorsais.

Recomendamos que se utilicen os diferentes aparcadoiros que hai pegados á praia de Samil.

O tráfico, cara á avenida de Samil pola avenida Atlántida, estará cortado dende as 06:30 (só se poderá acceder ata a praia Cocho das Dornas, en avenida de Samil 24)
O acceso dende a avenida de Europa hacia la avenida de Samil estará cortado a partir das 10:00
Tamén se poderá chegar a Samil pola rúa do Rio (Lagares).

Se o solicitaches ao faceres a inscrición, ao rematares a carreira os autobuses que pon a Organización deixarante de volta en Samil, á altura del Museo Verbum (lugar onde recolliches a bolsa de corredor ou corredora).

Se decides levar o coche a Baiona e utilizar o autobús que te levará á líña de saída, recomendamos que utilices un dos seguintes aparcadoiros:

  • PARKING L A PALMA PUERTO BAIONA (xunto ao parque e a saída dos autobuses)
  •   • PARKING ARAL (xunto ao pavillón e ao campo de fútbol, onde se atopan as duchas y vestiarios)

Dispoñedes dun desconto especial, que se aplicará ao presentar o dorsal antes de retirar o vehículo.

Si, o tempo máximo para finalizar é de 5 horas e 30 minutos e, a hora de corte para os 21 quilómetros será de 2 horas e 30 minutos.

Si, para dar maior fluidez á saída. Son identificados por cores, que coinciden coa cor identificadora do teu dorsal. Existen cinco caixóns:

  • CAIXÓN 1: SUB 3h.
  • CAXÓN 2: SUB 3h. 15min.
  • CAXÓN 3: SUB 3h. 30min.
  • CAXÓN 4: SUB 3h. 45min.
  • CAXÓN 5: SUB 4h.
  • CAXÓN 6: Resto de tempos.

A túa marca persoal debe ser igual ou inferior ao tempo do caixón no que desexes situarte. Deberás solicitar o caixón ao faceres a inscrición.

Si. A Organización ten previsto a participación de corredores e corredoras guía que marcarán tempos de paso e, ritmo para axudarte a cumprir a túa meta. Correrán a ritmos co obxectivo de rematar a proba en  3h. – 3h 15 min. – 3h. 30 min. –3h. 45 min –  4h . Colocaranse ao comenzo de cada caixón correspondente ao tempo a realizar e estarán identificados cun globo.

O dorsal de cada corredor e corredora estará equipado cun chip que se encuentra adherido na parte traseira do mesmo. Para que o tempo sexa correctamente computado, debes pasar polo arco de saída, polos distintos puntos de control e na liña de meta. É desbotable, no é preciso devolvelo cando remates.

A saída de Maratón será ás 08:15

Sentímolo, a seguridade é a razón pola que non está permitido. Está prohibido seguir as  corredoras e corredores en moto, bicicleta, patíns ou calquera aparello rodado. Tampouco está permitido correr sen dorsal.
A carreira desenvolverase polos espazos que as autoridades de tráfico autorizan e reservan para tal fin. As/Os axentes que custodian a proba retirarán do circuíto as persoas que incumpran esta norma, coa finalidade de evitar accidentes.

Os puntos de aprovisionamento líquido atópanse cada 5 Km e os de esponxas nos puntos intermedios. Haberá tamén aprovisionamento sólido. Tamén, á túa chegada á meta, terás a túa mochila de finisher con aprovisionamento líquido e sólido.

Na liña de saída, en distintos puntos quilométricos e meta. De forma complementaria e, para maior seguridade, haberá servizo médico na cola da carreira. Atenderán calquera necesidade que teñas. En caso de que necesites asistencia urxente durante o percorrido, para e pide a calquera membro da Organización que alerte os servizos médicos.

Si, a Organización dispón de baños portátiles situados nas áreas de saída e meta. Tamén haberá en distintos puntos do circuíto

Si, se queres que te levemos as túas cousas de Samil a Baiona, solicítao ao faceres a inscrición.
A quen solicite este servizo, entregarémoslle unha bolsa que leva un adhesivo co voso número de dorsal, metedes nela o que necesitedes ter en Baiona e debedes entregala   nas furgonetas que encontraredes no Museo Verbum (Samil) en horario de 07:00 a 08:00 h. Para a recollida en Baiona é imprescindible presentar o dorsal.

Poñemos á  vosa disposición autobuses ás 7:00 da mañá que saen de Baiona (na entrada do Parador) e vos levan á liña de saída.
Para quen queira volver a Vigo unha vez rematada a carreira, o horario será dende as 11:45 ata as 13:45.
Solicita o que precises  ao faceres a inscrición, vai incluído no prezo da mesma.

Si, en Baiona

  • Pavillón Municipal (Dolores Agrelo,7)
  • Campo de Fútbol do Aral (Dolores Agrelo,3)
  • Beone, MONTERREAL (Avenida Doutor Benito Fariñas s/n)

Autorización

Se non podes achegarte a recoller a bolsa do dorsal podes descargar está autorización e darlla correctamente cuberta e sempre acompañada pola fotocopia do teu DNI , á persoa que estimes oportuno.