Regulamento

O Club de Corredores Vig-Bay organiza a II Maratón Gran Bahía Vig-Bay, o domingo día 10 de abril de 2022.

A II Maratón Gran Baía Vig- Bay, carreira cun percorrido urbano e interurbano de 42.195 metros, poderán participar todas as persoas que cumpran 18 anos o ano da proba. Todos os puntos quilométricos estarán indicados cunha bandeira señalizadora.

Regulamento diversidade funcional

 

O participante deberá facer constar ao realizar a inscrición a categoría que ten consignada como atleta discapacitado

Percorrido

Maratón: Saída en Avenida de Samil, á altura do antigo Hotel Samil, utilizando todo o ancho da calzada. Continúa por rúa Canido, Cesáreo Vázquez, PO-325 (Ricardo Mella) ata o cruzamento con rúa Mide (todo o ancho) (Km. 1, 2, 3, 4, 5 máis 700m onde está a rotonda). A partir de aí usarase o carril dereito (Km. 6, 7, 8, 9, 10). Á altura do Km.11 farase un cambio de sentido para usar o carril dereito de volta a Vigo. Os quilómetros 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20 e 21 faranse polo carril dereito cara a Samil (en Samil usaranse os dous carrís). Alí, darase a volta (cambio de sentido) antes da rotonda de Europa. Colleranse os carrís dereitos de volta a Canido (Km. 22, 23, 24, 25, 26 máis 700m. onde nos atoparemos de novo coa primeira rotonda de Mide). A partir de aí irase por carril dereito, ata o xiro á dereita en cruzamento con Avenida de Castelao (antes Bernardo Vázquez). Ao final de Castelao volve virar á dereita entrando en Arquitecto Palacios, xiro á esquerda en rúa Gondomar, deixando a rotonda á dereita, rúa Cidade de Vigo (todo o ancho), Avenida Canido (todo o ancho), paseo Lourido (todo o ancho), rúa Chans en Monte Lourido (todo o ancho), rúa Lourido Beiramar (todo o ancho), xiro á esquerda por Doutor Ruiz (todo o ancho) saíndo á subida de Monte Lourido, onde se vira á dereita para entrar outra vez en PO-325 (Torrente Ballester), utilizando desde aquí o carril dereito de circulación. Avenida Manuel Lemos (ponte Ramallosa),

(1ª rotonda Sabarís déixase á esquerda), PO-552, Avda. Foz de Miñor (circunvalación de Sabarís), 2ª rotonda Sabarís (déixase á esquerda) para seguir polo carril dereito por Avenida Praia Ladeira ata o final desta, onde se vira á dereita cara a Rúa Areas, Avenida de Santa Marta, Avenida de Monterreal, Rúa Alférez Barreiro e Rúa Elduayen, onde está a meta.

Resumido: Os primeiros 11 quilómetros son os mesmos do Medio Maratón, a partir de aí vólvese cara ao punto de saída en sentido inverso polo mesmo camiño. Unha vez chegado máis ou menos ao momento de saída (Samil) os 21 km. restantes son exactamente os mesmos do Medio Maratón.

 

Dorsal Solidario

Dorsal Solidario, a favor da Fundación Casa de Caridad de Vigo e o seu Comedor da Esperanza. A inscripción por medio do dorsal solidario terá un coste de 50€. O prezo a maiores da inscrición normal irá destinado integramente a esta asociación. A imaxen do dorsal solidario será distinta ao resto e terán un lugar preferente na zona de saída da carreira.

Preguntas Frecuentes

  • Completa bolsa do corredor ou corredora
  • Dorsal + Chip
  • Camiseta Oficial
  • Regalos promocionais
  • Imperdibles
  • Bolsa de aprovisionamento
  • Medalla Finisher
  • Aprovisionamentos en carreira
  • Autobuses
  • Gardarroupa
  • Duchas
  • Seguro de Accidentes
  • Servizos Médicos

Do 24 de novembro de 2021 ao 31 de marzo de 2022.

Se é propietario/a de chip amarelo 30€
Se non é propietario/a de chip 32€

* Do 21 de marzo de 2022 ata o 31 do mesmo mes terá un coste engadido de 10€

 

Por Internet a través da páxina web do evento www.vig-bay.com ou nas oficinas do Club de Corredores avenida Beiramar 27-1 de Vigo, dende o 24 de novembro de 2021 ata o 31 de marzo de 2022.

  • Mediante a pasarela de pago (todo o proceso conta cun sistema de seguridade de protección de datos cifrado, o que asegura o procedemento).
  • Mediante trasferencia bancaria. Os/As atletas que elixan pagar a través desta opción, poderán acudir a calquera sucursal de Abanca ou do seu banco máis cercano e, realizar unha transferencia á conta do Club de Corredores Vig-Bay con Nº: ES90 2080 5058 91 3040021210.
  • Os corredores e corredoras teñen tamén a opción de pasar polas nosas oficinas na avenida Beiramar, 27-1º e facer a inscrición e o pago persoalmente.

A favor, da Fundación Casa de Caridad de Vigo e o seu Comedor da Esperanza. A inscripción por medio do dorsal solidario terá un coste de 50€. O prezo a maiores da inscrición normal irá destinado integramente a esta asociación. A imaxen do dorsal solidario será distinta ao resto e terán un lugar preferente na zona de saída da carreira

Se por calquera razón non vas poder participar e xa tes a inscrición feita, mándanos un mail a [email protected], pedíndonos o cambio de titularidade, e farémolo sen ningún problema.Non se permitirá cambio de titularidade naquelas inscricións procedentes dun código gratuíto ou dun cambio de modalidade

No «Museo VERBUM – Casa de las Palabras», na avenida de Samil 17, en Vigo.

  • O día 8 (VENRES) de abril de 2022 dende as 16:00 horas ata as 20:00 horas.
  • O día 9 (SÁBADO) de abril dende as 10:00 ata as 20:00.
  • O día 10 (DOMINGO) entre as 07:00 horas e as 8:00 horas.

(Para recoller a bolsa do dorsal é necesario presentar un documento oficial acreditativo).

Si, tes á túa disposición unha autorización na nosa páxina web que deberás entregar ben completada á persoa que autorices para a recollida.

Está na avenida de Samil, á altura do solar do antigo Hotel Samil , e a poucos metros da entrega de dorsais.

Recomendamos que se utilicen os diferentes aparcadoiros que hai pegados á praia de Samil.

O tráfico, cara á avenida de Samil pola avenida Atlántida, estará cortado dende as 05:00 hrs. Só se poderá acceder ata a praia Cocho das Dornas, en avenida de Samil 24.

O acceso dende a avenida de Europa hacia la avenida de Samil estará cortado a partir das 07:30 horas.

Tamén se poderá chegar a Samil pola rúa do Rio (Lagares).

Se o solicitaches ao faceres a inscrición, ao rematares a carreira os autobuses que pon a Organización deixarante de volta en Samil, á altura del Museo Verbum (lugar onde recolliches a bolsa de corredor ou corredora).

Se decides levar o coche a Baiona e utilizar o autobús que te levará á líña de saída, recomendamos que utilices un dos seguintes aparcadoiros:

  • PARKING LA PALMA PUERTO BAIONA (xunto ao parque e a saída dos autobuses)
  • PARKING ARAL (xunto ao Pavillón Municipal e ao campo de fútbol, onde se atopan as duchas y vestiarios)

Dispoñedes dun desconto especial, que se aplicará ao presentar o dorsal antes de retirar o vehículo.

Si, o tempo máximo para finalizar é de 5 horas e 30 minutos.

Si, para dar maior fluidez á saída. Son identificados por cores, que coinciden coa cor identificadora do teu dorsal. Existen cinco caixóns:

CAIXÓN 1: SUB 3h.
CAIXÓN 2: SUB 3h. 15min.
CAIXÓN 3: SUB 3h. 30min.
CAIXÓN 4: SUB 3h. 45min.
CAIXÓN 5: SUB 4h.
CAIXÓN 6: Resto de tempos.

A túa marca persoal debe ser igual ou inferior ao tempo do caixón no que desexes situarte. Deberás solicitar o caixón ao faceres a inscrición.

Si. A Organización ten previsto a participación de corredores e corredoras guía que marcarán tempos de paso e, ritmo para axudarte a cumprir a túa meta.

Correrán a ritmos co obxectivo de rematar a proba en  3.00 h, 3.15 h, 3.30 h, 3.45 e 4h . Colocaranse ao comenzo de cada caixón correspondente ao tempo a realizar e estarán identificados cun globo.

O dorsal de cada corredor e corredora estará equipado cun chip que se encuentra adherido na parte traseira do mesmo. Para que o tempo sexa correctamente computado, debes pasar polo arco de saída, polos distintos puntos de control e na liña de meta.

A saída será ás 08:00 horas.

Sentímolo, a seguridade é a razón pola que non está permitido. Está prohibido seguir as  corredoras e corredores en moto, bicicleta, patíns ou calquera aparello rodado. Tampouco está permitido correr sen dorsal.

A carreira desenvolverase polos espazos que as autoridades de tráfico autorizan e reservan para tal fin. As/Os axentes que custodian a proba retirarán do circuíto as persoas que incumpran esta norma, coa finalidade de evitar accidentes.

Os puntos de aprovisionamento líquido atópanse cada 5 Km e os de esponxas nos puntos intermedios. Haberá tamén aprovisionamento sólido.

Tamén, á túa chegada á meta, terás a túa mochila de finisher con aprovisionamento líquido e sólido.

Na liña de saída, en distintos puntos quilométricos e meta. De forma complementaria e, para maior seguridade, haberá servizo médico na cola da carreira. Atenderán calquera necesidade que teñas. En caso de que necesites asistencia urxente durante o percorrido, para e pide a calquera membro da Organización que alerte os servizos médicos.

Si, a Organización dispón de baños portátiles situados nas áreas de saída e meta. Tamén haberá en distintos puntos do circuíto

Si, se queres que te levemos as túas cousas de Samil a Baiona, solicítao ao faceres a inscrición.

A quen solicite este servizo, entregarémoslle unha bolsa que leva un adhesivo co voso número de dorsal, metedes nela o que necesitedes ter en Baiona e debedes entregala   nas furgonetas que encontraredes no Museo Verbum (Samil) en horario de 07:00 a 08:00 h. Para a recollida en Baiona é imprescindible presentar o dorsal.

Poñemos á  vosa disposición autobuses ás 7:00 da mañá que saen de Baiona (na entrada do Parador) e vos levan á liña de saída.

Para quen queira volver a Vigo unha vez rematada a carreira, o horario será dende as 11:30 ata as 13:30.

Solicita o que precises  ao faceres a inscrición, vai incluído no prezo da mesma.

Si, en Baiona, a condición de que nolo permitan as normas sanitarias vixentes nesa data

  • Pavillón Municipal (Dolores Agrelo,7)
  • Campo de Fútbol do Aral (Dolores Agrelo,3)

Autorización

Se non podes achegarche a recoller a bolsa do dorsal podes descargarche esta autorización e entregarlla cuberta e sempre acompañada da fotocopia do teu DNI á persoa que ti designes.