Historia
A Medio Maratón Gran Bahía Vig-Bay é unha proba de atletismo en ruta que se fai entre Vigo, Nigrán e Baiona, cun percorrido de 21,097 metros, medida homologada pola Real Federación Española de Atletismo…, pero coma case sempre detrás de calquera actividade humana hai aspectos que trascenden ao simple acontecemento.
A idea inicial desta proba xurdiu como o sono persoal dun coñecido empresario e corredor popular vigués que nos seus adestramentos adoitaba facer o percorrido pola costa; un percorrido con marcadas connotacións turísticas, paisaxísticas e sociais, nunha área que concentra a máis de trescentos mil habitantes que diariamente se moven entre os diferentes núcleos urbanos.
Despois de ter claro o máis importante, o circuíto, había que darlle contido á idea: así naceron o nome Vig-Bay (síntese de Vigo e Baiona, aínda que fonéticamente nos recorda a «Gran Bahía» en inglés), ao slogan «a toda costa», ao noso logotipo alado e ao Club de Corredores.
Só quedaba presentar o proxecto e involucrar no mesmo aos concellos implicados e á Federación Galega de Atletismo, ademais de obter a axuda financeira indispensable de patrocinadores, co-patrocinadores e colaboradores.
A acollida destes grupos anteriores tivo lugar o 27 de febreiro de 2000, data na que se iniciou a 1ª edición, con 613 atletas participantes. No 2019, celebrouse a vixésima edición na que quisemos festexar estas 20 edicións coas dúas modalidades: o MEDIO MARATÓN, e o gran desafío dunha MARATÓN, agradecendo deste xeito a todas e todos os corredores que se foron engadindo, ano tras ano, ata máis de 5.000. O crecemento de participación entendémolo como o premio ao esforzo constante da Organización, para aportar novos elementos e mellorar os xa existentes en cada un dos aspectos avaliables da nosa proba.
Non en balde, fomos pioneiros e pioneiras en asuntos tan dispares como actuar segundo o procedemento de Xestión de Calidade baixo o estándar ISO 9001:2000, no uso do sistema «Champion Chip», de control de tempos ou en proporcionar asistencia de recuperación muscular aos/ás atletas; e todo isto, sen esquecer o celo especial co que sempre plantexamos o funcionamento dos servizos directamente relacionados cos corredores e corredoras: gardarroupa, aprovisionamento, transporte, vestiarios, seguridade vial, servizos médicos, etc.
A experiencia acumulada permítenos aplicar procedementos organizativos que garanten o benestar e a comodidade dos/das participantes, cubrindo as súas necesidades previamente planificadas, e executando a proba sempre baixo un funcionamento preestablecido.
Pero todo este esforzo organizativo non valería de nada sen o compoñente máis importante para un evento desta natureza: a confianza e entrega dos/das atletas que contribuiron co seu impulso a que «a Vig-Bay» mereza un nome propio no calendario de probas atléticas do noso país.